A Fuga de Logan xerará unha franquía

0
362

O produtor da saga dos X-Men no cinema, Simon Kinberg, quen entrou no proxecto de remake do clásico filme de ciéncia-ficción de 1976 Logan’s Run, ven de revelar que a Warner Bros. Pictures ve a propriedade coma unha potencial franquía, pero que para elo o primeiro filme deberá ser un éxito:

É algo que potencialmente é da clase de franquía dos Xogos do Fame, sobre un público xoven para un público xoven cunha gran ideia. A Fuga de Logan, coma sabedes, é o avó de Maze Runner e Hunger Games e moitos deses libros e filmes de hoxe“.

Hai algunhas ideias sobre o que deberían ser os filmes do futuro e onde levar a Logan nos seguintes capítulos, pero o foco está posto en facer unha grande película. Foi coma ‘fagamos unha grande película da que a xente se namore pero esteamos preparados para que se acontece, poidamos facer mais películas e como van ser e a onde vas ir co persoaxe no seguinte filme’“.

Logan’s Run está ambientada nunha sociedade futura onde os cidadáns de mais de 21 anos deben morrer obrigatóriamente. Algúns tentan escapar do seu destino cara a un lugar mítico chamado “o santuário” onde poden envellecer, pero son cazados polos “sandmen”, un grupo especializado en atrapar aos fuxidos.

A novela, de William F. Nolan e George Clayton Johnson, publicou-se en 1967 e a primeira adaptación á pantalla grande foi en 1976. Nesa versión a idade de morrer subiu-se aos 30 anos, pero na nova agárda-se que sexa mais fiel e regrese aos 21. Este proxecto leva moitos anos agardando a súa oportunidade, e estivo xa nas mans de directores coma Alex Garland, Bryan Singer e Nicolas Winding Refn. Na actualidade os produtores están á procura dun novo director.