A Warner Bros. Pictures e mais a Plan B Entertainment veñen de se asociar para adaptaren ao cinema unha versión da novela de ciéncia-ficción para adolescentes de Amie Kaufman e Jay Kristoff Illuminae.
Narrada a través dun expediente de documentos atopados, textos, mensaxes instantáneos da Internet, esquemas de naves, listaxes de baixas e ficheiros clasificados, a história vai sobre unha hacker adolescente e mais o seu ex-mozo, un piloto de combate, quen tentan recuperar a súa relación rachada mentres van descobrindo os fíos dunha conspiración ao redor dunha guerra interestelar, unha intelixéncia artificial malvada e un virus letal.
Brad Pitt (dono da Plan B Entertainment), Dede Gardner e Jeremy Kleiner serán os produtores. Polo de agora o proxecto está á procura de guionistas.