John Carpenter planea catro séries

0
344

John Carpenter, o realizador responsábel de clásicos do terror e a ciéncia-ficción coma Halloween, Escape from New York, The Thing ou Big Trouble in Little China, seica está disposto a volver á televisión.

Segundo a esposa de Carpenter e compañeira en tarefas de produción Sandy King Carpenter, o director ten non un senón catro proxectos en marcha agardando a estar en antena, e que todos eles “redefinirán as fronteiras do terror“.

Se algún dos catro proxectos resulta aprobado, Carpenter dirixiría o episódio piloto e tanto el coma a súa muller serían os produtores executivos:

Polo que eu sei ímo-los facer todos… Hai ciéncia-ficción, hai terror, hai ún que será unha espécie de terror futurista. Hai para todo o mundo. Coido que van encher as espectativas do que a xente espera del por ser tan impredecíbel“, dixo Sandy King.

Pola súa banda, Carpenter, autor de moitas das bandas sonoras dos seus própios filmes, ten previsto iniciar unha xira de concertos por Europa o ano que ven.