Thor: Ragnarok ten nova guionista

0
341

Stephany Folsom ven de recebir o encargo de escribir o guión do filme da Marvel Studios Thor: Ragnarok, no que constitúe a primeira nova oficial dende a contratación de Taika Waititi (What We Do in the Shadows) para diririxir o filme aló polo mes de outubro.

Chris Hemsworth regresará nesta terceira entrega coma o mítico deus do trono nórdico. A novidade é a aparición na pantalla asemade de Mark Ruffalo no papel do incríbel Hulk, formando equipa de superheroes. Christopher Yost e Craig Kyle foron até agora os encargados do guión.

Folsom é coñecida por ser a autora en 2013 do guión 1969: A Space Odyssey or How Kubrick Learned to Stop Worrying and Land on the Moon, que entrou na Lista Negra de 2013, e tamén do filme da Disney actualmente en desensolvemento The Princess of North Sudan.