O veterán actor texano Ethan Hawke ven de se unir ao reparto da vindeira película de Luc Besson, a space opera épica en 3D Valérian que producirá a EuropaCorp.
Cun orzamento que xa vai por riba dos 180 millóns de dólares, o filme estará baseado no cómic francés de 1967 Valérian et Laureline creado por Pierre Christin e Jean-Claude Mézières.
Dane DeHaan e Cara Delavingne interpretarán a unha parella de axentes espazo-temporais que defenden unha Terra utópica do século XXVIII e mais aos seus planetas veciños. Clive Owen e Rihanna tamén protagonizan a película.
Polo de agora non se sabe que papel vai interpretar Hawke. En todo caso, o filme non verá a luz até o 21 de xullo de 2017.