Heavy Metal contra formigas xigantes

0
333

Sean Astin, Tom Arnold, Jake Busey e Rhys Coiro serán os protagonistas de Dead Ant, a vindeira comédia de terror independente dirixida por Ron Carlson, que comezou xa a se rodar en Santa Clarita (Califórnia).

A história, orixinal do mesmo Carlson, vai sobre un desafortunado grupo de hair metal que obtén unha oportunidade de regresar cunha aparición no festival de Coachella. Nombergantes, o grupo fica perdido no deserto e deberán loitar polas súas vidas contra formigas xigantes.

Astin é o encargado da equipa, Arnold o seu mánager, e Busey e Coiro membros da banda. Danny Woodburn, Michael Horse, Leisha Hailey e Cameron Richardson son os outros protagonistas.

Carlson, Stephanie Hodos e Mark Hodos serán os produtores.