O realizador Scott Derrickson vai-se asociar de novo co seu coguionista en Sinister, C. Robert Cargill, para a vindiera fita da Marvel, Doctor Strange.

A película pasou xa polas mans de diversos guionistas ao longo dos últimos meses, entre eles Thomas Donnelly, Joshua Oppenheimer e Jon Spaihts. Cargill pola súa banda anunciou que levaba traballando no libreto dende o ano pasado.

O curioso do tema é que a rodaxe de Doctor Strange xa comezou, e leva unhas cantas semanas en escenários de Inglaterra, após de pasar previamente por unha localización de Nepal.

Cargill e Derrickson traballaran conxuntamente nos guións dunha longametraxe de The Outer Limits e mais nunha adaptación ao cinema do videoxogo Deus Ex.