Primeiros récords para The Force Awakens

0
269

The Force AwakensÁ penas catro días após da súa estrea, Star Wars: The Force Awakens xa sobrepasou a Jurassic World coma o filme con maior recadación na súa primeira fin de semana, chegando aos 528 millóns de dólares (o filme dos dinosáuros obtivera este mesmo verán 524 millóns). O récord ten mais valor se se ten en conta que non incorpora ao mercado chinés, o segundo mais grande do mundo, e que para Jurassic World supuxo 90 millóns extras.