Após de protagonizar filmes coma Inherent Vice o ano pasado e Steve Jobs e Queen of Earth en 2015, a actriz Katherine Waterston ven de se facer co papel principal na vindeira película de Ridley Scott, Alien: Covenant, que producirá a 20th Century Fox.
A história é a continuación do filme Prometheus, e vai sobre a nave colónia Covenant que desobre o que coidan que é un planeta paradisíaco, pero que resulta ser un mundo perigoso cuxo único habitante é o “sintético” David (Michael Fassbender), provinte da fracasada expedición Prometheus.
Waterston fará o papel de Daniels no filme, un persoaxe do que polo de agora non se sabe ren á parte do seu nome. Scott xa dixo que todas as clásicas formas do monstro de álien (o xenomorfo) aparecerán nesta nova entrega, que entrará en produción en febreiro e que ten prevista a estrea para o mes de outubro de 2017.
Waterston será por outra banda a protagonista do filme que adaptará o libro de J.K. Rowling Fantastic Beasts and Where to Find Them á pantalla grande en 2016.