Cameron confima Avatar 2 para nadal de 2017

1059

Ainda que tanto Star Wars: The Force Awakens e Star Wars: Rogue One teñen estreas en decembro, a franquía mudará-se ao mes de maio para Star Wars: Episode VIII en 2017.

Unha das principais razóns será que outro salientábel filme de ciéncia-ficción ten prevista a estrea ese mesmo mes, nada menos cá segunda parte de Avatar dirixida por James Cameron. O realizador confirmou que a primeira das novas secuelas será en nadal de 2017:

Nadal de 2017 é o obxectivo. Alomenos, iso é o que anunciamos. Pero non coido que iso sexa tan importante coma o feito de que cando rematemos as tres películas, as estrearemos de ano en ano. Eu chámo-o unha meta-narración que percorrerá os tres filmes.

Cada película é independente, pero tamén narra unha história moito mais grande. Temos o deseño mais ou menos rematado, pero é unha tarefa enorme. Foi unha obra de dous anos. Xa rematamos todas as creaturas e os escenários, e os novos mundos dentro de Pandora que veredes.

O guión está en marcha, pero case rematado. O desenvolvemento técnico está feito. Os escenários están feitos. Infraestrutura. Así que estamos preparados para comezar despois de primeiro do ano“.

Sam Worthington, Zoe Saldana, Stephen Lang e Sigourney Weaver regresarán á franquía para as secuelas. O primeiro filme desta saga ainda ten o récord de recadación histórico, con mais de 2.780 millóns de dólares en todo o mundo.