Emma Stone será Cruella de Vil

0
365

Emma Stone está a negociar a súa incorporación ao reparto de Cruella, a nova longametraxe da Disney con actores reais, para interpretar á emblemática malvada Cruella de Vil.

A guionista Kelly Marcel (Fifty Shades of Grey) está a lle dar os derradeiros toques ao libreto que versionará a história de 101 Dalmatians, pero esta vez para nos contar as orixes do persoaxe, tal e coma acontecera coa bruxa Maléfica en Maleficent (2014). Aline Brosh McKenna traballara anteriormente nunha primeira versión do mesmo guión.

Polo de agora non hai ningún director vencellado ao proxecto, pero agarda-se ter mais novas nas vindeiras semanas. Andrew Gunn será o produtor.

A actriz Glenn Close dera vida con anterioridade ao mesmo persoaxe en dous filmes dos anos 90, mentres ca Victoria Smurfit fixo o papel na série da ABC Once Upon a Time.