O neno batallador

0
223
Battling Boy
Battling Boy

Un dos casos mais curiosos no mundo do xénero fantástico acontece cando algunha produtora se fai cos dereitos sobre algunha novela ou cómic que ainda non apareceu nos andeis das librarias. E este é o caso da obra de Paul Pope Battling Boy, unha novela gráfica que ven de ser mercada pola produtora de Brad Pitt, a Plan B. O tremendo do caso é que este cómic non chegará ás librarías até a primevera de 2010, cando será publicada pola First Second Books. Todo un exemplo de clarividéncia.

Na páxina Web oficial da First Second póde-se albiscar un pouco a obra, pero alí curiosamente din que o libro ía ser publicado en 2007. Tráta-se dun libro dirixido ao público novo, ainda que seica hai material abondo como para que poida interesar tamén aos adultos. E vai sobre un rapaz que é o fillo dun super-heroe. A petición de seu pai, o rapaz chega á cidade de Monstrópole, onde deberá loitar contra unha vaga de monstros. Segundo Pope, “non serán monstros divertidos, senón terríbeis, coma os debuxados nas fábulas dos irmáns Grimm ou de estilo Beowulf. Roubanenos. E algúns dos vampiros e múmias e lobishomes que relembramos dos filmes de terror en branco e negro de Hollywood“.

Ainda non hai ningún guionista nin director vencellado a este proxecto, ainda que xa sería o colmo tendo en conta que nin sequera hai libro no que basear unha adaptación.