Mendelsohn, listo para xogar co Player One

0
286

O actor australián Ben Mendelsohn (The Dark Knight Rises) será o vilán na vindeira longametraxe de Steven Spielberg Ready Player One para a Warner Bros. Pictures.

Mendelsohn recebiu unha oferta hai escasos días pero as negociaciäons para a súa incorporación están aínda nos seus primeiros intres. De aceptar, sería o segundo membro do reparto uníndo-se asemade á actriz de Bates Motel Olivia Cooke.

A história, unha adaptación da novela supervendas de ciéncia-ficción de Ernie Cline, está ambientada nun mundo virtual chamado Oase, no que un adolescente atópa-se competindo á caza dun tesouro contra malvados ininmigos despois de que o fundador do xogo morra e ofreza a súa fortuna coma grande prémio.

Mendelsohn interpretaría a un executivo dunha empresa de internat que ten deseños en Oasis. Cooke interpreta pola súa banda á namorada e competidora, unha blogueira canadiana chamada Sam cuxo nome no mundo virtual é Art3mis.

Spielberg, Donald De Line, Kristie Macosko Krieger e Dan Farah serán os produtores.