O blockbuster de J.J. Abrams Star Wars: The Force Awakens xa sobrepasou oficialmente a Avatar de James Cameron coma a película con maior recadación de todos os tempos nos Estados Unidos. Á penas vinte días despois da súa estrea xa recadara por riba dos 760,5 millóns de dólares obtidos por Avatar no seu país de orixe. Internacionalmente, iso si, aínda lle queda moito por percorrer até chegar aos 2.780 millóns que fixo a película de Cameron.

Na súa cuarta fin de semana e cando aínda queda unha semana para que se cumpra o seu primeiro mes de exhibición, The Force Awakens continúa no primeiro posto nos despachos de billetes, superando ao drama The Revenant, que mália as súas positivas críticas e recentes prémios está pero que moi lonxe de xerar benefícios.

Nestes intres The Force Awakens leva 812 millóns de dólares recadados nos Estados Unidos e coa axuda do mercado chinés, onde se estreou hai uns días, espera chegar moi preto dos récords de James Cameron. Polo de agora xa superaron os 1.669 millóns de Jurassic World e con 1.730 millóns é a terceira película con maior recadación de todos os tempos, preto dos 2.190 millóns de Titanic.