Shyamalan resucita os Contos da Cripta

0
291

O director M. Night Shyamalan será o encargado do relanzamento da clásica série antolóxica Tales from the Crypt coma parte dun acordo no que hai moitas mais cousas asinado coa canle TNT para estrear un novo bloque de thriller e terror de dúas horas na canle por cable.

O bloque conterá unha mistura de programas longos e curtos e a nova série de Tales from the Crypt será o eixo central do mesmo. Nel ofrecerán-se contidos xa publicados anteriormente nos cómics orixinais da EC Comics por William Gaines pero tamén histórias novas. Shyamalan e Ashwin Rajan serán os produtores executivos.

Polo de agora non se sabe se o emblemático esquelete que presentaba o programa, o “Gardián da Cripta”, aparecerá na pantalla. O xefe da TNT Kevin Reilly non quixo confirma-lo. James D. Stern, John Santilli e Dan McKinnon serán tamén produtores executivos e a estrea do novo formato agárda-se para outono.

Após dalgún sonados fracasos no cinema, a carreira de Shyamalan semella tomar un novo impulso grazas ao seu filme do ano pasado The Visit (que recadou case 100 millóns de dólares cun orzamento de tan só 5) e mais á série de televisión Wayward Pines creada por el. Actualmente está en post-produción de Split, un filme protagonizado por James McAvoy.