Del Toro quere facer unha Viaxe Fantástica

944

Após dun novo fracaso tentando producir unha secuela de Pacific Rim e mentres o seu filme menor Crimson Peak pasa polo periodo de presentación á prensa, o realizador mexicano Guillermo del Toro está a procurar cal será o seu seguinte novo gran proxecto.

O guionista e director de Pan’s Labyrinth e Hellboy está e nconversas para desenvolver e dirixir un remake do clásico filme de ciéncia-ficción de 1966 Fantastic Voyage que producirán conxuntamente a Twentieth Century Fox e mais a empresa de James Cameron, a Lightstorm Entertainment.

A história orixinal ía sobre un grupo de científicos que son miniaturizados até un nivel atómico e enviados a bordo dun submariño no interior do corpo doutro científico, que ten un coágulo inoperábel no cerebro, para lle salvar a vida.

De sair adiante este proxecto, sería un reencontro a moitos niveis para del Toro. O novo Fantastic Voyage conta cun guión de David Goyer, quen xa traballara co mexicano en Blade 2 e que continuará coma colaborador deste filme xunto ao director.

Ademais, James Cameron xa axudou no pasado a del Toro noutro dos seus proxectos fracasados, a adaptación ao cinema da novela de H.P. Lovecraft At the Mountains of Madness. Cameron, Jon Landau e Rae Sanchini serán os produtores deste proxecto.