Leterrier adaptará o Bombeiro de Joe Hill

0
321

O realizador francés Louis Leterrier será o encargado de dirixir a adaptación ao cinema de The Fireman, a vindeira novela de terror do escritor Joe Hill para a 20th Century Fox e mais a Temple Hill.

A história ten lugar nun intre no que hai unha vaga de combustións espontáneas chamada Draco Incendia Trychophyton ou Escama de Dragón, o que dá pé á creación de crueis pelotóns de cremación que queren exterminar a todos aqueles sospeitosos de portar a espora maldita.

O protagonista (o bombeiro, ou “The Fireman”) é un tolo que sofre o mal da Escama de Dragón pero que aprendeu a controlar o lume que hai dentro del, usándo-o coma escudo para protexer aos que son perseguidos polos pelotóns de cremación e para se vingar dos que morreron inxustamente.

Wyck Godfrey e Marty Bowen serán os produtores.