Os chineses mercan a Legendary Pictures

0
337

A compañía chinesa Dalian Wanda Group Co. Ltd. anunciou onte nunha cerimónia de sinatura en Pequín que ven de se facer co control da propdutora americana Legendary Entertainment após de pagar por ela uns 3.500 millóns de dólares, o que a converte na maior compra dunha empresa cultural de todos os tempos en China.

A Legendary é unha das grandes produtoras de cinema do mundo, e posúe divisións para o cinema, a televisón, internet e mais cómics. Creada orixinalmente ao abeiro da Warners, pasaron logo a depender da Universal Pictures. Thomas Tull ficará polo de agora coma presidente e CEO da Legendary e responsábel das súas operacións cotiáns.

Entre as producións mais salientábeis da Legendary hai filmes que suman mais de 12.000 millóns de dólares de benefícios: a triloxía de Batman de Chris Nolan, Jurassic World, Man of Steel, Godzilla, 300, Watchmen, Inception ou Interstellar. Nestes intres están en produción filmes coma Warcraft ou Kong: Skull Island.