Kevin Smith dirixirá un episódio de Flash

0
336

O realizador Kevin Smith, coñecido sobre todo polas súas comédias, ven de se comprometer a dirixir un vindeiro episódio da série de televisión da canle The CW The Flash en maio. O anúncio oficial fíxo-se no decurso da tradicional conferéncia de prensa de inverno da Asociación de Críticos de Televisión esta pasada fin de semana.

Nombergantes, Smith non é novo no mundo do cómic nin no dos superheroes. Na súa faceta coma guionista de cómics, ven traballando dende 1998 coa Marvel e coa DC con persoaxes coma Daredevil, Green Arrow, Spiderman, Batman, Green Hornet ou Bionic Man.

A canle aproveitou a ocasión para anunciar que seguirá habendo cross-overs antre diferentes persoaxes e así Diggle (David Ramsey) aparecerá en The Flash para axudar a Barry. A segunda tempada regresará após do seu parón navideño o vindeiro martes 18 de xaneiro.