Onte soubemos que o Duque Branco, o lendário David Bowie, morreu após de perder unha dura batalla contra o cancro.
Nun comunicado oficial publicado e ndiferentes redes sociais, un voceiro dixo: “David Bowie morreu en paz rodeado pola súa família após dunha valente batalla de 18 meses co cancro. Ainda que moitos de vós participaredes desta perda, pedímo-vos que respectedes a privacidade da família durante o seu tempo de loito“.
O cantante, compositor, actor e produtor inglés foi unha figura clave da música participando e sendo pioneiro de moitos movementos: glam rock, art rock, soul, hard rock, dance pop, punk e a música electrónica foron dun xeito ou outro enriquecidas por Bowie, quen ao longo dunha carreira ecléctica que se estendeu ao longo de catro décadas creou o persoaxe de Ziggy Stardust e vendeu mais de 140 millóns de discos.
No cinema participou en moitos filmes e son inesquecíbeis as súas aparicións en películas de xénero fantástico coma The Man Who Fell to Earth, The Hunger, Labyrinth, The Last Temptation of Christ, Twin Peaks: Fire Walk with Me e The Prestige.
A súa influenza na cultura popular é enorme. En 2013 foi nomeado membro do Salón da Fama da Ciéncia-Ficción e a Fantasía.