John Boorman será o director dun filme realizado con animación por computador e que contará cun orzamento de 25 millóns de dólares titulado The Wonderful Wizard of Oz, unha adaptación da novela orixinal de L. Frank Baum.
Producido por Laurent Rodon e Claude Gorvsky da francesa Films Actions e mais polo antigo parceiro de John Boorman Kieran Corrigan, atópa-se actualmente en preprodución, cun guión escrito por Boorman, Ron Mita e Jim McClain (Robots). A súa estrea producirá-se no verán de 2010.
A adaptación será en inglés, mália que a produtora sexa francesa, e manterá os contornos e mais os persoaxes principais do conto orixinal. Ao contrário do clásico da Metro Goldwyn Mayer, esta vez non será un musical.