Ex-Supergirl no reparto de Supergirl

0
217

Laura VandervoortLaura Vandervoort, quen interpretou a Supergirl na série de televisión Smallville, entrará de novo no universo da DC Comics na tele interpretando á supervilán Indigo a partir do episódio 15 de Supergirl. Esta é a segunda actriz que aparece na série Supergirl despois de interpretar á kriptonián Kara Zor-El noutro intre da súa carreira. A anterior fora Helen Slater (a nai terrestre da superheroína), que dera vida a Supergirl no filme de 1984.