Os Golden Globe búrlan-se da ciéncia-ficción

942

The MartianOs Globos de Ouro deste ano, os prémios Golden Globe que outorga cada ano a asociación de xornalistas estranxeiros en Hollywood non só decediron que un filme de ciéncia-ficción coma The Martian é en realidade unha comédia, senón que ademais a premiaron coma a millor do ano. Igualmente, o seu protagonista Matt Damon levou o prémio ao millor actor cómico ou de musical por este mesmo filme. Na categoría da televisión, Lady Gaga foi premiada pola súa interpretación en American Horror Story: Hotel.