O pasado 14 de xaneiro anunciou-se o facelemento do actor Alan Rickman en Londres aos 69 anos de idade. Rickman sofría de cancro e a súa morte foi confirmada por un voceiro familiar.
Ainda que a súa voz era completamente descoñecida para os espectadores galegos, era ese precisamente o seu sinal mais identificativo e o que lle fixo gozar dunha merecida sona dende ben axiña, cando debutou na série The Barchester Chronicles da BBC.
Alan Sidney Patrick Rickman fíxo-se cunha carreira salientábel no cinema após de interpretar ao vilán en Die Hard (1988) pero os seus papéis mais recoñecidos foron case todos en filmes de xénero: o doutor Lazarus en Galaxy Quest, o xuíz Turpin en Sweeney Todd: The Demon Barber of Fleet Street e sobre todos, o profesor Severus Snape na saga de sete películas de Harry Potter. E por suposto, todas as veces que emprestou a súa inmitábel voz: o androide Marvin en The Hitchhiker’s Guide to the Galaxy, Joe en Help! I’m a Fish, a eiruga Absolem en Alice in Wonderland e Alice Through the Looking Glass, ou o xeneral Alien en Back at the Barnyard.