A triloxía de filmes e mais a série de televisión que adaptarán a saga de novelas de Stephen King The Dark Tower semellan estar cada vez mais preto de se facer realidade após de moitos bloqueos e detencións ao longo dos anos. E segundo as últimas novas, o actor Idris Elba está por se facer co papel protagonista, o do pistoleiro Roland, o que supón un cámbio respeito ás novelas, xa que nelas o persoaxe é branco.
Para os preocupados polo cámbio de raza, o guionista e produtor do filme Akiva Goldsman deu-lles a millor resposta posíbel: que non lle importa. Así, respeito á posíbel elección de Elba, Goldsman dixo nunha entrevista:
“Estou incríbelmente orgulloso [da elección de Elba] coma colaborador nestre proxecto e porque coido que é un gran actor e non podería estar mais emocionado de que interprete un papel… entendo que a xente que reflexiona sobre a narración e a política racial da narración podería querer entender como conforma esa narración, e eu respecto iso e o escoito, e esas cousas non son cousas sobre as que pensáramos ou pensemos agora. Os parvos racistas que se fodan“.
Goldsman dixo que a única consideración no cásting era “quen pensamos que pode ser o millor para o traballo e se podemos consegui-lo“. O mesmo King dixo que non había problema coa contratación de Elba, e que a súa única preocupación é o rápido que o actor pode desenfundar a pistola.
O filme ten previsto estrear-se en xaneiro de 2017 pero o mais probábel é que non poida chegar a tempo para esa data.