Após de moitos meses de especulacións, a listaxe completa de candidatos para os Oscars deu-se a coñecer a pasada semana, e o xénero fantástico ten unha boa dose de representantes. Outra cousa será cando se entreguen os prémios, pero polo de agora hai que salientar as dez nominacións de Mad Max: Fury Road e as sete de The Martian. A recente Star Wars: The Force Awakens chegou a tempo para levar cinco, e a experimental Ex Machina fíxo-se con dúas.
Entre os prémios mais importantes cabe suliñar que para millor filme contarán Mad Max: Fury Road e The Martian, para millor director está George Miller con Mad Max Fury Road e para millor actor Matt Damon por The Martian. Drew Goddard está nominado por The Martian para millor guión adaptado, e Alex Garland por Ex Machina ao millor guión orixinal.
Star Wars: The Force Awakens conta con nominacións nas categorías de millor edición, millón banda sonora (outra vez con John Williams) e aos millores efectos especiais, xunto con Ex Machina, Mad Max: Fury Road e The Martian.