Xa deu comezo a fase de preprodución do novo filme de Ridley Scott, Alien: Covenant, a que será segunda entrega da súa triloxía sobre os acontecementos que levaron até o filme orixinal de Alien.
No decurso da esperpéntica gala dos prémios Golden Globe a semana pasada, e antes de voar a Sydney para comezar a rodaxe, Scott revelou algúns detalles sobre os seus plans para a longametraxe e confirmou que están desexando obter unha calificación para maiores de 18 anos (ou calificación “R” segundo os estándares americanos):
“Sempre lembro-me de estar dos nervos en Saint Louis onde estabamos a pre-estrear Alien. Non puiden ficar sentado durante a proxección nin unha vez. Púxen-me malo coa escena da cociña cando John Hurt comeza a vomitar o seu almorzo. Daquela, decatei-me do terrorífico que era o filme… sentín coma unha responsabilidade de que fora lonxe de mais porque aquilo era estremo. Vou intentar facer iso outra vez este ano, pero moito pior“.
A história comeza coa nave-colónia Covenant enviada a un planeta remoto na outra punta da galáxia, un mundo escuro e perigoso cuxo único habitante é o “sintético” David (Michael Fassbender). A película ten previsto estrear-se o vindeiro 6 de outubro.