Mark Protosevich guionista de Flash Gordon

0
239

Mark ProtosevichO guionista de Oldboy, Poseidon e I Am Legend, Mark Protosevich, ven de chegar a bordo para escribir o novo libreto do vindeiro relanzamento da saga de Flash Gordon para a 20th Century Fox. Matthew Vaughn xa asinara para ser o director do proxecto o ano pasado. Protosevich, quen revelou a nova no seu Facebook, xa ten experiéncia na ciéncia-ficción porque escribiriu os primeiros guións de John Carter e Thor. J.D. Payne e Patrick McKay foran até agora os responsábeis deste guión, que está basado nunha ideia orixinal de George Nolfi.