Tim Curry regresa a Rocky Horror Picture Show

0
304

Adam Lambert e mais o Doutor Frank-n-Furter orixinal, o mesmísimo Tim Curry, van-se unir á vindeira película da FOX dirixida por Kenny Ortega, un telefilme de dúas horas de duración que servirá coma remake de The Rocky Horror Picture Show en outono.

Lambert fará-se co papel de Eddy, o fan do rock ‘n’ roll e antigo mensaxeiro que interpretou Meat Loaf no filme de culto estreado en 1975, mentres ca Curry será o narrador, o criminólogo que interpretou Charles Gray no filme orixinal.

A actriz de Orange Is the New Black Laverne Cox, coñecida activista dos dereitos LGBT, encargará-se do papel do Dr. Frank-N-Furter que fixera Curry nesta nova adaptación para a tele. Ademáis dos xa mencionados, no reparto figuran Victoria Justice e Ryan McCartan nos papéis centrais de Janet e Brad, Reeve Carney coma Riff-Raff, e o cantante Staz Nair coma Rocky.