Seica os fans da Guerra das Galáxias non se verán decepcionados pola falla de material novo e en todo tipo de médios, e así o persoaxe do piloto de X-Wing Poe Dameron de Star Wars: The Force Awakens contará cunha história de seu a partir de abril, cando a Marvel comece a publicación dun novo cómic centrado no persoaxe.
A nova série tratará da misión de Dameron que desemboca na súa primeira aparición en Star Wars: The Force Awakens e o guionista Charles Soule dixo que haberá un novo vilán da Primeira Orde que será o antagonista deste arco narrativo.
Soule comentou nunha entrevista: “Ás veces póde-se sentir que o universo de Star Wars está moi trillado e que se contaron moitas histórias. Pero polo xeito no que está organizada a galáxia no Episódio VII, hai oportunidades para novos arquetipos, e o novo vilán no que estamos a traballar vai semellar fresco e guai“.
Phil Noto, que xa ilustrou a série da Marvel Star Wars: Chewbacca, será o debuxante deste novo cómic.