O director comercial da DC Entertainment, Geoff Johns, dixo que axiña imos ter en antena unha breve aparición da Lexión de Superheroes nalgunha das séries sobre persoaxes da DC que están actualmente en emisión.
A Lexión apareceu por primeira vez nos cómics en 1958, formada daquela por tres adolescentes (Cosmic Boy, Lightning Lad e Saturn Girl) do século XXX. A primeira Lexión ampliou-se cos anos e na tele mesmo apareceu nun episódio de 2009 da série Smallville.
Johns deixou entrever que esta breve aparición nalgunha das séries (Arrow, The Flash, Supergirl ou DC’s Legends of Tomorrow) podería ser só a primeira: “mantéde-vos atentos… veredes unha pista da Lexión nunha das nosas séries… encánta-me a Lexión, están infrautilizados e con sorte ímo-los ter aí axiña“.
A candidata mais probábel para albergar á Lexión semella ser DC’s Legends of Tomorrow, polo seu elemento de viaxes no tempo, e dado que tamén outro persoaxe dos cómics, Jonah Hex, vai ser visto en pantalla no mesmo programa.