A secuela tanto tempo agardada do filme de monstros de 2008 Cloverfield dirixido por J.J. Abrams semella non só estar en produción, senón de feito xa rematada.
Hai dous anos Dan Trachtenberg, o realizador responsábel da aclamada curta inspirada en videoxogos Portal: No Escape, foi contratado para rodar un thriller post-apocalíptico titulado Valencia (ou The Cellar) pola Bad Robot e mais a Paramount Insurge. O filme foi protagonizado por John Goodman, Mary Elizabeth Winstead e mais John Gallagher, Jr.
O último que se soubo daquel filme é que ficara “enlatado” e nunca mais se soubo ren del… até agora, cando nunha pre-estrea do filme de Michael Bay 13 Hours nos Estados Unidos incluíu-se un tráiler de 10 Cloverfield Lane. O mesmo J.J. Abrams declarou:
“A ideia apareceu hai moito tempo durante a produción. Queriamo-lo facer un irmán de Cloverfield. A desenvolveu-se co tempo. Queriamos agochar o título o maior tempo posíbel“.
Winstead falara con anterioridade do proxecto, decindo que ela interpreta a unha muller que esperta nunha adega onde está retida por un estraño (Goodman) que a advirte de que o mundo afóra rematou e o filme convérte-se nun xogo do gato e o rato sen que saibamos con certeza quen está a enganar a quen.