Hathaway na comédia The Shower

0
323

Anne Hathaway está a negociar a súa incorporación ao reparto da comédia de acción e ciéncia-ficción The Shower, que protagonizará e producirá ela mesma para a Warner Bros. Pictures.

A história está ambientada nunha festa prenatal que é eclipsada por unha enorme choiva de meteoros, que traen con eles a uns áliens do espazo exterior sedentos de sangue que arruínan a festa.

Jac Schaeffer escribiu o guión, orixinalmente incluído na “Blacklist”, coa intención de face-lo semellante no tón ao filme inglés Attack the Block e mais a This is the End. Schaeffer, Adam Shulman, Andrew Lauren e D.J. Gugenheim serán os outros produtores.