Connie Nielsen é a nai de Wonder Woman

0
321

Connie Nielsen (Gladiator) ven de se unir ao reparto da longametraxe de Wonder Woman na Warner Bros. Pictures.

Gal Gadot interpreta á guerreira amazona e Chris Pine é o seu namorado, o capitán Steve Trevor. Os outros membros confirmados do reparto son Robin Wright, Danny Huston, David Thewlis e Ewen Bremner.

Nielsen fará de Hippolyta, a raíña das amazonas e nai da princesa Diana, quen é Wonder Woman. O filme está a se rodar actualmente en Inglaterra e Itália e ten prevista a súa estrea para o 23 de xuño de 2017.