Neil Patrick Harris, o vilán de Lemony Snicket

0
340

O cómico Neil Patrick Harris está a negociar a súa incorporación ao reparto da nova série de televisión da Netflix, que será unha adaptación para a pequena pantalla do libro infantil supervendas Lemony Snicket’s A Series of Unfortunate Events para a Paramount Television.

A história vai sobre os nenos orfos Violet, Klaus e Sunny Baudelaire, que se atopan nas poutas do seu tío, o malvado vilán Conde Olaf, quen pretende facer-se coa fortuna da súa família. Harris interpretará ao conde, que na versión para o cinema fora representado por Jim Carrey en 2004.

Ao mesmo tempo, Mark Hudis (True Blood) deixa o seu posto coma “showrunner” desta série. Polo de agora non hai un sustituto.

Ainda que xa hai un encargo de realizar 13 episódios para a primeira tempada, ainda non se sabe a data de estrea. Daniel Handler será o produtor executivo.