A Netflix ven de se facer cos dereitos sobre a série Altered Carbon, unha adaptación á televisión en dez episódios que a Skydance Television fixo da novela homónima de ciéncia-ficción escrita en 2002 por Richard K. Morgan.
Ambientada no século XXV, cando a mente humana foi dixitalizada e o alma é transferíbel dun corpo a outro, a história vai sobre un antigo guerreiro interestelar condeado a cincocentos anos de prisión. Descargado nun futuro que tentou evitar e onde a a tecnoloxía fixo que a morte ficara case obsoleta, deberá resolver un asasinato para se asegurar a oportunidade dunha nova vida na Terra.
A autora de Shutter Island, Laeta Kalogridis, será a guionista, produtora executiva e showrunner. David Ellison, Dana Goldberg e Marcy Ross serán os produtores executivos.
A Netflix ten previsto gastar 6.000 millóns de dólares este ano en contidos, incluíndo séries orixinais, películas e novas adquisicións.