Robbie Amell protagonizará Arq

0
333

Robbie Amell (O Firestorm orixinal de The Flash) e Rachael Taylor (Patricia Walker en Jessica Jones) veñen de se unir ao reparto de Arq, un thriller post-apocalíptico de ciéncia-ficción de baixo presuposto que realizarán a Lost City e mais a XYZ Films.

O guionista de Orphan Black, Tony Elliott, escribiu o libreto e será o director do filme, ambientado nun futuro non demasiado lonxano no que xa non hai petróleo. Amell interpreta a un enxeñeiro que ten no seu poder tecnoloxía que podería fornecer de enerxía ilimitada ao mundo.

Deberá protexe-la dunha banda de misteriosos intrusos enmascarados que rodearon a casa na que vive. O problema é que a tecnoloxía creou un bucle no tempo que o condea a el e mais aos seus colegas a vivir o mesmo día unha e outra vez.

Mason Novick, John Finemore, Kyle Franke e Nick Spicer son os produtores. A rodaxe escomezará este inverno en Toronto e a Netflix fíxo-se xa cos dereitos de distribución.