En marcha o remake do Labirinto

0
367

A TriStar Pictures ven de pechar un acordo coa The Jim Henson Co. para producir un remake do clásico filme de fantasía de 1986 Labyrinth.

Jennifer Connelly protagonizou a longametraxe orixinal cando aínda era unha adolescente que tiña que se enfrontar a un fantástico labirinto dentro do cal se agochaban os trasnos que secuestraran ao seu irmán pequeno. No centro do labirinto governaba o rei dos trasnos (David Bowie).

A película fora producida por George Lucas, dirixida por Jim Henson e guionizada polo membro dos Monty Python Terry Jones, pero mália esas excelentes credenciais resultou un fiasco nos despachos de billetes. Nombergantes, co tempo converteu-se nun clásico de culto.

Nicole Perlman, a co-guionista de Guardians of the Galaxy, xa recebiu o encargo para escribir o libreto deste remake, que producirá a filla de Jim, Lisa Henson.