Spielberg e Will Smith en Oldboy

0
212
Oldboy
Oldboy

Steven Spielberg e Will Smith están en conversas prelimiares para colaborar nun remake do filme de acción coreano do ano 2003 Oldboy, que dirixiu Chan Wook-park cun grande éxito de billeteira.

No filme orixinal, un home é secuestrado e mantido nunha escura cela durante 15 anos sen ningunha explicación. De súpeto, é ceibado e lle dan cartos, un teléfone móbil e roupa e decide comezar a investigar quen destruiu a súa vida e vingar-se del.

Smith, que podería interpretar ao home secuestrado se todas as pezas encaixan no seu sítio finalmente, e mais Spielberg están á procura dun guionista que comece o proceso de desenvolvemento. O filme non comezaría a se producir até que Spielberg remate o seu proxecto na primeira película das dúas que se teñen previsto rodar de Tintín.

A DreamWorks está a tentar asegurar-se os dereitos sobre este remake, mentres que a Universal pretende ser a distribuidora.