Episódio piloto para o Exorcista

0
442

O ExorcistaA canle FOX ven de encargar o episódio piloto para unha série que adapte á tele a novela de William Blatty de 1971 The Exorcist, que deu pé ao clásico filme de terror de 1973. A nova versión é un moderno thriller psicolóxico que recreará a história de dous homes moi diferentes que deben facer fronte a un caso de posesión demoníaca. Jeremy Slater (Fantastic Four) escribirá o guión e será o produtor executivo xunto a James Robinson, David Robinson e Barbara Wall.