Nova série da Liga da Xustiza

1035

A Cartoon Network ven de anunciar unha nova série con episódios de 15 minutos titulada Justice League Action que producirá a Warner Bros. Animation.

O proxecto será o regreso dos actores de voz Kevin Conroy e Mark Hamill, que repetirán os seus papéis de Batman e o Joker respectivamente após de interviren nos videoxogos Batman: The Animated Series e Batman: Arkham.

Xunto a eles poderemos disfroitar asemade das voces de James Woods no papel de Lex Luthor e Diedrich Bader coma Booster Gold nuns episódios que protagonizarán Batman, Superman e Wonder Woman xunto a outros superheroes da DC Comics loitando contra os seus mais poderosos inimigos.

Sam Register (Teen Titans Go!) será o produtor executivo xunto a Butch Lukic (Batman Beyond), Alan Burnett (Batman: The Animated Series) e Jim Krieg (Green Lantern: The Animated Series) coma produtores.