Católicos contra Plutón BRB Nero

0
206

Plutón RBR NeroUn autodenominado Observatório Antidifamación Relixiosa ven de pedir a TVE que retire o último capítulo da série Plutón BRB nero, emitido o pasado mércores en La 2. Ao seu xuizo, o devandito episódio ofende aos católicos.

Recibiremos moitas denúncias por dicir que a Capela Sixtina é unha sauna de chulo de putas ou se entenderá que se trata da opinión particular dun extra-terrestre irascíbel e que nós non temos ren contra do Vaticano?“, di o narrador da série. Para a organización ultradereitista estas afirmacións supoñen “un escárnio das crenzas relixiosas de moitos cidadáns neste país“.

Pola súa parte, Álex de la Iglesia, director da série, respondeu asegurando que “o primeiro que me provocou foi riso, e aledou-me que este observatório seguira tan atentamente a nosa série galáctica. Despois pareceu-me lamentábel, porque quizáis alguén pode pensar que o escribimos para crear polémica“.

No capítulo da polémica, Wollensky (un androide) tentaba convencer a Roswell (o extra-terrestre) dos grandes logros artísticos da humanidade e citaba a Michelangelo. Roswell dicía que aquilo non era máis ca unha “sauna de chuloputas“.

É triste que no século XXI ainda haxa xente que non saiba diferenciar entre realidade e ficción” – dixo De la Iglesia. “Roswell, queridos amigos do Observatório, é o anano extra-terrestre mais malo da galáxia, por iso di esas burradas. Obviamente non comparto as opinións de Roswell, porque se trata dun persoaxe de ficción. É o malo, ódia á humanidade“, explicou De La Iglesia.