A nova Battlestar Galactica voltará a 1978

1203

O antigo xefe da New Line e produtor nominado ao Oscar Michael De Luca será o encargado de producir para o cinema unha adaptación da série de Glen A. Larson Battlestar Galactica para a Universal Pictures.

A história vai sobre un grupo de humáns que sobreviviron a un ataque sorpresa dos Cylóns, uns robots intelixentes creados polos humáns que dezmaron ás civilizacións das Doce Colónias. Os supervivintes son liderados pola nave espacial de guerra Galactica coa intención de atopar un mítico decimoterceiro planeta chamado Terra.

O proxecto leva en desenvolvemento dende 1999, anos antes da aclamada série de televisión de Ron Moore que relanzou a franquía na canle SyFy. Cando a série tivo éxito o proxecto de película foi conxelado, pero agora xa pasou o tempo e a space opera está de novo en boga grazas a sagas coma Guardians of the Galaxy, Star Trek e Star Wars, polo que a Universal quere subir-se ao carro.

A longametraxe estará probabelmente separada da escura e descarnada versión que trunfou nos anos 2000 e seguirá as aventuras da saga orixinal de 1978, cun estilo campy e cómico. Bryan Singer está a bordo coma produtor executivo e ainda que o seu nome soou coma director durante moitos anos, ainda non está confirmado.

O guionista de Transcendence, Jack Paglen, é o autor do guión mais recente.