A semana pasada soubemos que J. Michael Straczynski está a escribir un remake de Planeta Prohibido para o produtor Joel Silver. Pero agora vimos de recibir información adicional que indica que non será o remake senón un filme complementário do clásico de Fred M. Wilcox.
O guión que prepara Straczynski actuará esencialmente coma se Altair 4 (o Planeta Prohibido) non estoupase. Non sabemos moito máis sobre os detalles do argumento, pero dado que Straczynski non se curtaba moito á hora de render homaxes a Planeta Prohibido na súa série Babylon 5, non sería unha sorpresa que quixera manter moitas cousas do filme orixinal.
Respecto á fasquía deste filme, será unha película retro de ciéncia-ficción, enorme e xigante; noutras palabras, seica van tentar implementar o deseño do filme orixinal no lugar de facer algo mais moderno. De feito, Robbie o robot aparecerá na nova versión.