Johnny Depp é o Home Invisíbel

1023

Johnny Depp será o protagonista do relanzamento do clásico The Invisible Man na Universal Pictures.

H.G. Wells escribiu o novela orixinal que foi a base para o filme de 1933 protagonizado por Claude Rains no papel do científico que atopa un xeito de se converter en invisíbel con fins non moi honrados.

Dende aquela foron várias as adaptacións ao cinema da obra de Wells. Se cadra a mais fiel ao orixinal foi a minisérie de televisión de 1984 da BBC, pero houbo outras versións memorábeis coma a de John Carpenter Memoirs of an Invisible Man ou a de Paul Verhoeven Hollow Man.

O proxecto polo de agora non conta con director nin guionista, pero é parte dos intentos dos estudos por construír un universo cinematográfico que incorpore a todos os seus monstros clásicos coma Drácula, Frankenstein e mais o Lobishome.

Alex Kurtzman e Chris Morgan encabezan esta iniciativa, que arrincará co relanzamento de The Mummy protagonizado por Tom Cruise e que se estreará en xuño de 2017.