Kane, produción europea

0
176

Max Von SydowMax Von Sydow e Pete Postlethwaite unirán-se ao protagonista James Purefoy no reparto de Solomon Kane, un filme baseado nas novelas “pulp” de Robert E. Howard. Rachel Hurd-Wood, Alice Krige e Mackenzie Crook xa foran anteriormente integradas no reparto, segundo confirmou o produtor parisino Samuel Hadida, xefe da Davis Films.

Planeada coma a primeira dunha triloxía, Solomon Kane é o relato épico dun soldado do século XVI atormentado polos males cometidos no seu pasado, e que está á procura da redención en loita cun sinistro poder que ameaza ao reino.

O filme será adaptado a partir dos libros de Howard, o mesmo autor de Conan o Bárbaro. Os libros da saga de Kane foran publicados na década de 1920 e 1930.

Michael J. Bassett (Deathwatch) dirixirá a partir dun guión de seu para os coprodutores Hadida e Paul Berrow, presidente da Epic Tales. A rodaxe escomezará en Praga este mesmo mes.