Piloto da Brétema de Stephen King

1023

A Spike TV ven de encargar a realización dun episódio piloto para unha nova série de televisión baseada na clásica novela de terror The Mist, escrita en 1980 por Stephen King.

A Dimension Television producirá o proxecto, que arrinca cando unha estraña brétema infíltra-se nunha pequena vila, e todos aqueles que fican atrapados dentro dela son devorados por horrendas criaturas que se agochan no seu interior. A acción narra as aventuras dun grupo de xente da vila atrapada dentro dun supermercado e as tensións que se desatan entre eles.

Christian Torpe será o produtor executivo da série, que será unha mais da lista que a canle ten previstas para os vindeiros meses, entre elas as adaptacións da Triloxía Marcián de Kim Stanley Robinson e da série literária Pendergast dos escritores Douglas Preston e Lincoln Child.

Frank Darabont dirixiu a adaptación ao cinema de The Mist mais recente, en 2007.