Mentres Deadpool xa sobrepasa a barreira dos 500 millóns de dólares de recadación no mercado mundial en tan só dúas semanas, semella que o grande éxito financeiro do filme vai-lle prestar ao seu protagonista, Ryan Reynolds.
Reynolds recebiu un cheque de dous millóns de dólares polo seu papel de mercenário lareteiro e seica é o único do reparto que recebirá bonos pola recadación, o que podería elevar o seu total de gañanzas até os dez millóns coma mínimo.
Os seus axentes están a se preparar para renegociar o seu contrato na vindeira segunda parte, que aumentará sinificativamente o seu salário cantas mais entregas se roden da série.
Mentres tanto, o director Tim Miller ainda non ten asegurado o seu regreso. O realizador recebiu 250.000 dólares polo seu traballo , pero esta cifra tamén se verá aumentada grazas á recadación nos despachos de billetes. A produtora ten previsto asemade dar compensacións aos principais actores e mais aos guionistas Rhett Reese e Paul Wernick.