Sam Raimi na Terceira Guerra Mundial

981

Sam Raimi será o director de World War 3, unha longametraxe que tentará facer pasar coma real o libro de ciéncia-ficción de 2009 The Next 100 Years, que o seu autor, o politólogo húngaro de estrema dereita George Friedman, describe nombergantes coma de “non ficción”.

Friedman, director dun poderoso lobby privado de intelixéncia e análise militar, predí no seu libro que o actual conflito entre os Estados Unidos e os jihadistas será sustituído por unha nova guerra fría contra Rúsia, así coma a desaparición do poder de China e o ascenso de México coma poténcia mundial, todo elo grazas ás novas tecnoloxías e os movementos culturais que cambiarán as nosas vidas.

A nova foi dada a coñecer pola Bill Block Media, que se fixo cos dereitos sobre o libro para desenvolver unha adaptación á pantalla grande. A compañía pechou un acordo de dous anos coa Warner Bros. Pictures, que será quen ademais distribúa o produto final.