Adéus aos Grayson

0
177

RobinA canle de tevisión CW e mais a Warner Brothers TV foron obrigados a retirar os seus plans para The Graysons, un proxecto de série adicada á família de Dick Grayson, o rapaz que se convirte no primeiro Robin, o axudante de Batman.

A série recebira un aprobado da canle e todo semellaba indicar que sería a sustituta de Smallville cando rematase a súa actual tempada.

Pero a decisión de aparcar o proxecto chegou do presidente da Warner Brothers Pictures Group, Jeff Robinov, quen ainda que inicialmente dera a súa benzón persoal seica mudou de ideia nos últimos días.

The Graysons, coma Smallville, ía ser unha série sobre as orixes dun superheroe e estaba adicada á persoalidade de Dick “DJ” Grayson antes de que se convertise no axudante de Batman.